O Concello clausura definitivamente os baños públicos da praza de España

Por Oskar Viéitez
O Concello de Pontevedra clausurou definitivamente os baños públicos existentes nun lateral da Casa Consistorial, en plena praza de España.
O concelleiro Demetrio Gómez xustificou a medida argumentando que "este non é un servizo que deba prestar o Concello" xa que o goberno local considera "innecesario" o arranxo destas dependencias e a dotación dun persoal de mantemento polo "algo doutra época" na que esta necesidade non estaba cuberta por outro tipo de establecementos como os bares.
Estes baños públicos resultaban "inaccesibles" para moitos cidadáns e presentaban un estado de total abandono.
Agora uns grandes ferros metálicos taponan as dúas escaleiras de entrada aos baños sen que exista ningunha proposta para recuperar estas dependencias no futuro.