Máis de 150 profesionais sanitarios acudirán ao congreso da Sociedade Galega de Calidade Asistencial
Por Redacción
Baixo o lema "Comunicación e Responsabilidade Asistencial", a Sociedade Galega de Calidade Asistencial (Sogalca) celebra este mércores no Pazo da Cultura de Pontevedra o seu VIII congreso, ao que asistirán máis de 150 profesionais.
Será inaugurado por Miguel Ángel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Anxo Fernández, alcalde de Pontevedra, e Manuel López Pardo, presidente da Asociación de Hospitais de Galicia (Ahosgal).
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, será o encargado de clausurar a xornada.
O obxectivo do encontro é abordar algúns dos principais retos que a comunicación presenta en materia de calidade e seguridade dos pacientes, analizando o papel dos novos sistemas de información, a relación comunicativa entre profesional-paciente ou o nivel de transparencia da información médica manexada.