Ferido un mozo de 31 anos ao envorcar o seu coche na PO-550 en Cambados
Por Redacción
Ás 6.35 horas desta mañá deste mércores rexistrábase un accidente de tráfico no que resultaba ferida unha persoa. Segundo informa o servizo de emerxencias do 112, o vehículo no que viaxaba a vítima envorcou cando circulaba pola PO-550, á altura de Xesteira en Castrelo, Cambaddos.
Un particular alertou da situación ao 112 Galicia e explicaba que a persoa ferida había podido abandonar o turismo polos seus propios medios. Trátase dun mozo de 31 anos, coas iniciais I.N.B.
Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias alertouse ao 061-Urxencias Sanitario e dos Bombeiros do Salnés. Tamén se informaba a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico. A vítima foi evacuada polos efectivos sanitarios ao Hospital do Salnés. Un dos carrís da estrada cortouse mentres se agardaba pola retirada do vehículo sinistrado.
ACCIDENTE LABORAL EN RIBADUMIA
Un operario resultou ferido nas últimas horas deste martes en Ribadumia. O traballador foi arroiado por unha carretilla elevadora cando traballaba nunha empresa de kiwis. O accidente laboral rexistrábase en Mosteiro, na parroquia de Portarís.
O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente ás 18.45 horas, a través dun aviso do 061. Os efectivos sanitarios sinalaron que dúas ambulancias estaban a trasladarse ata o punto do sinistro. Alertouse tamén a Protección Civil e á Garda Civil.