Finalizan as obras de recuperación da praza de Banda do Río
Por Redacción
A praza de Banda do Río loce ao fin nova imaxe unha vez concluídos os traballos de reforma no lugar.
Esta actuación tiña como obxectivo mellorar un espazo que se atopaba en estado de abandono achegándolle iluminación e mellora na accesibilidade para fomentar unha maior seguridade.
Entre outras cousas procedeuse á instalación de bancos e á adaptación de espazos para o uso dos veciños suprimindo as barreiras arquitectónicas existentes.
Ademais segundo informa o Concello de Marín procedeuse á repavimentación con materiais nobres, á ordenación do acceso á praza e á integración de zonas axardinadas. Para isto último elimináronse os muros perimetrais excepto dous deles para ser utilizados como parte das xardineiras.
As obras, financiadas cunha subvención de Vicepresidencia da Xunta de Galicia, foron executadas pola empresa E.C. Casas cun orzamento que ascendeu a 30.000 euros.