O paseo de Baltar terá novas luminarias nos próximos días
Por Redacción
Este martes empezaron os traballos de reposición das luminarias do paseo de Baltar. Esta actuación é posible grazas ao convenio, asinado o pasado mes de setembro, por un valor de 49.900 euros, durante unha visita do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda a Sanxenxo.
Trátase dun acordo entre as dúas administracións para a execución dun proxecto denominado substitución de luminarias e proxectores de luz pública en varios lugares do termo municipal.
Un deses puntos de actuación son as torretas do paseo de Baltar, a máis importante a levar a cabo con este orzamento, coa instalación de 24 luminarias. Pero tamén se inclúen neste convenio outros lugares do termo municipal, nos que xa se instalaron as luces como son o parque infantil do Empalme en Villalonga, o Paseo de Silgar, as inmediacións da Capela de San Roque e nunha zona verde en Portonovo, próxima ao mercado.
Por tanto, de todos os puntos, este de Baltar é o último que queda por acometer para finalizar as actuacións recollidas no convenio.
Relacionadas:
-
24 plátanos do parque da Panadeira serán trasplantados e 30 piñeiros de Baltar serán tallados
Por Oskar Viéitez |
-
59.000 euros para mellorar o espazo próximo á capela de Baltar
Por Redacción |
-
O Colectivo Ecoloxista do Salnés denuncia os danos causados por Sanxenxo nas dunas de Baltar
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo estuda sacar a concurso o mantemento dos seus parques infantís
Por Redacción |
-
A Xunta cofinancia obras de eficiencia enerxética en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |