Vilagarcía, Barro, Cerdedo-Cotobade, Caldas e Portas recibirán novos contedores de envases
Por Oskar Viéitez
Vilagarcía recibirá en próximas datas un total de 7.600 euros para a adquisición de 40 contedores de envases (amarelo), co fin de incrementar as súas taxas de reciclaxe no marco do convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes.
No caso da comarca de Pontevedra, beneficiaranse desta iniciativa os concellos de Barro, que recibirá 4.230 euros que permitirá a compra de 12 contedores amarelos e 3 azuis, e o concello de Cerdedo-Cotobade, que recibirá 14.720 euros para a compra de 33 contedores amarelos e 13 azuis.
Na comarca de Caldas, o concello de Caldas de Reis contará con 4.800 euros para a compra de 15 contedores amarelos e 3 azuis e o concello de Portas recibirá 3.660 euros para a compra de 9 contedores amarelos e 3 azuis.
Outra das medidas que se levará a cabo na provincia de Pontevedra será o proxecto Horeca, unha iniciativa para fomentar que os negocios de hostalería, restauración e catering realicen unha separación de envases en orixe.