A directora de Turismo de Galicia destaca o valor do augardente como recurso turístico
Por Redacción
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou este domingo nas V Xornadas de Degustación e Maridaxe das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia que se celebran en Cambados.
A máxima responsable de Turismo da Xunta asistía a un dos showcookings que se organizaron nos que se empregaban produtos amparados polas distintas indicacións xeográficas, como augardentes e ligor de herbas ou o licor café.
Os menús incluían ingredientes como a tarta de Santiago, a castaña, mel, mexillóns ou tenreira galega, pertencentes a diferentes consellos reguladores. Nava Castro destacou a importancia dos licores tradicionais e do augardente como reclamo turístico.
As xornadas contribúen a situar á enogastronomía galega como un referente para os turistas, xa que se trata do segundo motivo polo que os visitantes seleccionan Galicia para pasar os seus días de descanso. Neste sentido, na estratexia do turismo de Galicia 2020, a Xunta quere que a gastronomía ocupe un papel relevante na folla de ruta para establecer un cerecimiento ordenado de visitantes cun modelo turístico sustentable e responsable.
Durante estas xornadas realizouse unha destilación en vivo, por primeira vez, na Praza de Fefiñáns.