Un coche arde en Meaño queimando a parra dunha viña
Por Redacción
Un coche ardeu completamente en Meaño, na parroquia de Simes, no lugar de Aguís. Os feitos producíanse ao redor das 13.20 horas cando un particular alertaba ao servizo de emerxencias do 112 Galicia para indicar que estaba a arder o seu coche.
O vehículo atopábase no exterior, debaixo da parra dunha viña. O persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia alertou aos Bombeiros do Salnés, ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Sanxenxo, á Policía Local e á Garda Civil.
A dotación que acudiu ao lugar logrou sufocar o lume. Con todo, o vehículo quedou totalmente calcinado e as lapas afectaron tamén á viña, segundo a información facilitada polo 112 Galicia.