Catro persoas feridas ao envorcar un turismo e caer por un barranco en Marín
Por Redacción
Catro persoas resultaron feridas na noite deste sábado en Marín despois de que o coche no que viaxaban envorcara e precipitárase por un barranco de ao redor de dez metros de altura.
O accidente producíase na PO-551, concretamente no punto quilométrico 3.500. Un particular alertaba do sinistro ao 112 Galicia ás 02.00 horas da noite.
Segundo os datos facilitados ao servizo do 112 Galicia, as vítimas tiveron que ser trasladadas a un centro médico. No vehículo tamén viaxaba un can.
Desde o Centro de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasábase aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil e aos Bombeiros do Morrazo.