Catro candidatos preséntanse para liderar o PSdeG-PSOE en Pontevedra
Por Alejandro Espiño
Andrés Díaz, Agustín Fernández, David Regades e Eduardo Reguera. Son as catro persoas que presentaron a súa candidatura para substituír a Santos Héctor como secretario xeral do PSdeG-PSOE en Pontevedra.
Todos eles, para poder participar nas primarias convocadas para o 3 de decembro, deberán reunir un mínimo de 568 avais. Terán de prazo ata o 16 de novembro.
David Regades, o único que ata o de agora se pronunciou, é concelleiro no concello de Vigo e deputado provincial. Asegura presentar a súa candidatura "con ilusión e con ganas de traballar" e márcase como obxectivo converter ao PSOE na primeira forza da provincia nas próximas eleccións municipais de 2019. "Teño a forza e a convicción para facelo", dixo.
Explica que moitos compañeiros "pedíronme que dera un paso adiante" e que o fai como un "acto de responsabilidade". Regades adianta que "vou contar con todos" porque entende que un PSOE unido "é imbatible" e que xuntos "non hai quen poida con nós". Só así, engadiu, poderán facer fronte ás políticas "tóxicas" do PP.
O actual, dixo, é un momento "moi importante" para o PSOE, que debe traballar para "seguir crecendo" na provincia, mantendo os concellos nos que gobernan e "arrebatando" as alcaldías onde goberna a dereita "máis corrosiva de toda España" e que debe quedar "reducida á mínima expresión".
O único dos catro que xa manifestara o seu interese en presentar a súa candidatura é o alcalde de Ponte Caldelas. Andrés Díaz aseguraba hace días que leva meses traballando nesta posibilidade e que numerosos militantes pedíronlle liderar unha nova etapa no PSOE pontevedrés.
Díaz veía necesario cambiar o "esquema" da executiva provincial, de forma que sexa un órgano de "apoio" ás agrupacións locais do PSdeG-PSOE en Pontevedra, que estiveron "abandonadas" desde hai tempo. Ademais, apuntaba que a súa posible candidatura pretendería consolidar un PSOE "forte" na provincia e cun liderado no que "todos se sentan representados".
O último dos precandidatos, Eduardo Reguera e Agustín Fernández, portavoces do PSdeG-PSOE en Redondela e Pontevedra respectivamente, non quixeron facer declaracións aos medios de comunicación tras coñecerse a súa aspiración para liderar aos socialistas pontevedreses.
Relacionadas:
-
Regades avantaxa a Reguera na entrega de avais para as primarias socialistas en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Andrés Díaz e David Regades unen as súas candidaturas e optarán xuntos a liderar o PSOE
Por Alejandro Espiño |
-
Santos Héctor da "un paso para o lado" e anuncia que non se presenta ao congreso provincial do PSdeG-PSOE
Por Oskar Viéitez |