Ferida unha muller nun accidente entre un turismo e un autobús en Vilaboa
Por Redacción
Unha muller resultou ferida na tarde deste xoves tras verse implicada nunha colisión entre un autobús e un coche no termo municipal de Vilaboa. A vítima viaxaba no turismo accidentado.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia, a ferida foi atendida no lugar dos feitos por persoal médico do 061 e tuuvo que ser trasladada nunha ambulancia a un centro hospitalario.
O accidente tivo lugar na ligazón das estradas N-554 e N-550 sobre as 18.40 horas.
O persoal da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vilaboa alertou do ocorrido ao 112 indicando que, debido ao choque, unha muller atopábase mareada. Engadían que o autobús continuara a marcha despois do impacto.
Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 Galicia alertouse ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros do Morrazo e á Garda Civil de Tráfico.