Aprender de cativos a salvar vidas
Por Redacción
Escolares de segundo, terceiro, cuarto, quinto e sexto curso de primaria do colexio San José desenvolveron unhas xornadas para aprender a realizar masaxe cardíaca e a posta do paciente na posición lateral de seguridade (PLS).
Os profesores Mayte Hermo e Felipe Fernández organizaban estas clases co obxectivo de que os máis pequenos adquiran coñecementos que poden resultar moi importantes para salvar vidas. Estudantes de cuarto curso do título de grao de Enfermería foron os encargados de impartir as explicacións.
Os menores tomaban conciencia do que hai que facer fronte a unha parada cardiorespiratoria; chamando ao 112, realizando a masaxe cardíaca e a posterior posta do paciente na PLS (posición lateral de seguridade).
Os escolares mantiveron o interese nas clases prácticas, que forman parte do programa da Xunta de Galicia, RCP na Aula.