O aroma das flores inunda A Ferrería
Por Redacción & Mónica Patxot
Como manda a tradición, a véspera de Todos os Santos converteu a praza da Ferrería nun gran mercado de flores. Numerosos pontevedreses achegáronse para adquirir os ramos e os centros florais que, na xornada de hoxe, lucirán nos cemiterios da comarca.
Máis de medio centenar de postos de venda ofertaron as flores que, debido á seca que vive Galicia, chegaron en menor cantidade que outros anos. Os prezos, iso si, mantivéronse e o balance que fan os vendedores é positivo.
Ademais de produtores chegados desde Campañó, a parroquia pontevedresa cun maior número de viveiros, tamén houbo vendedores chegados doutros puntos de Pontevedra, así como dos municipios de Barro, Vilaboa, Poio, Sanxenxo, Marín, Valga, Moaña, Meis, Vilanova de Arousa, A Garda, Tomiño e Vigo.
Un ano máis, a flor máis demandada foi o crisantemo branco, cuxos exemplares de maior tamaño chegaron a venderse a 1,50 euros a unidade.
Relacionadas:
-
O prazo para solicitar un posto no mercadiño de flores de Todos os Santos abre este luns
Por Redacción |
-
42 postos de flores animarán o mercado de Todos os Santos na Ferrería
Por Redacción |
-
Os pontevedreses enchen os cemiterios para visitar os seus difuntos
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A Ferrería volverá vestir de flores neste martes de Todos os Santos
Por Mónica Patxot |