Carmela Silva non irá ao Parlamento a presentar o orzamento da Deputación
Por Redacción
O goberno provincial renuncia a comparecer ante o parlamento galego para detallar os seus orzamentos para 2018. Así llo comunicou a Deputación ao presidente da cámara autonómica, Miguel Santalices. Rexeitan así acudir o vindeiro venres 3 de novembro á comisión de Economía onde se ía a analizar as contas do próximo ano.
Nos seus dúas últimas comparecencias, en 2015 e 2016, Carmela Silva asegura que acudíu como "xesto de cordialidade" e en ambas lamenta ser vítima de "ataques políticos" que "en ningún caso" estaban relacionados co orzamento.
Xa trasladou entón ao presidente da Cámara galega, Miguel Santalices, o seu "malestar" polo trato recibido na comisión parlamentaria "sen obter ata agora nin tan sequera unha desculpa", segundo denuncia a través dun comunicado.
Pero detrás desta decisión, asegura, está a defensa da autonomía local. Entende Silva que a Deputación só ten que dar conta e cometer os seus orzamentos ao pleno da institución provincial.
"Os tempos nos que se pretendía controlar ás administracións locais chegaron ao seu fin", engade a presidenta da Deputación de Pontevedra, que reclamou que se "respecte" o marco constitucional e legal.
A titular da deputación pontevedresa ofrece, con todo, "lealdade institucional" para manter coa Xunta de Galicia "tantas reunións como sexan precisas" na procura de acordos que permitan o crecemento da provincia de Pontevedra e freen a situación "discriminatoria" que sofre por parte do goberno galego.
Relacionadas:
-
Novo plantón de Carmela Silva ao Parlamento ante os "ataques políticos" do PP
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Carmela Silva: "Que quede claro á Xunta de Galicia que se acabaron os tempos de control da administración local"
Por Oskar Viéitez |
-
O PP cualifica de "covardía política" que Carmela Silva non compareza no Parlamento
Por Redacción |