Ence apoia a carreira do campión marinense Aarón González
"O que pense que alguén fai deporte por gañarse a vida... ou es futbolista en primeira división ou o deporte xérache uns gastos". Así resume o marinense Aarón González unha realidade coa que convive desde que hai 11 anos decidiu apostar polo boxeo olímpico.
Falamos de gastos en elementos imprescindibles como luvas, vendas, botas, proteccións, roupa de competición ou mesmo as sesións de fisioterapia, así como gastos de desprazamento ou para formación.
"Despois, nós temos que estar nun peso, tes que levar unha dieta, non podes comer o que hai en casa moitas veces, entón os suplementos de alimentación, vitaminas, proteínas, todo isto xera uns gastos a nivel individual que ningún club chos vai cubrir".
Grazas á axuda do I Plan Social de Ence, a través do seu Programa de apoio ao deporte, Aarón González está a vivir unha tempada moi especial, que culminou co Campionato de España ao vencer, o pasado mes de xullo, nada menos que a Jon Jader, o boxeador titular do equipo nacional: "a axuda de Ence axudoume bastante para arriscar un pouco máis na planificación; ata o que foi o Campionato de España fun competir a varios sitios de España. Se economicamente non hai medios é difícil saír de Galicia e enfrontarse con rivais de máis nivel".
CLUB TEAM THUNDER
Aarón non só inviste na súa carreira deportiva. Para este boxeador olímpico, os logros persoais son tan importantes como os que consegue co seu club, o Team Thunder, co que mobiliza a unha canteira de máis de cen boxeadores. Por iso é polo que, parte do investimento da axuda de Ence, fose para formarse como adestrador: "Fixen un staff de adestramento técnico na Sala Chocolate da Habana, en Cuba, con Carlos Miranda, un dos mellores adestradores do mundo (...) A viaxe a Cuba tomeina como unha aprendizaxe técnica e táctica a nivel individual pero tamén me trouxen uns coñecementos de sistemas de adestramento, de dar unha clase de boxeo..."
O Club Team Thunder tamén encara a tempada co respaldo de Ence, que se materializou na Copa Galicia de Boxeo Olímpico, celebrada esta fin de semana no Pavillón da Cañota, cun grande éxito de público e dos deportistas locais, entre eles, o propio Aarón González: "A idea é fomentar as competicións, que non só sexan locais, que haxa rivais de maior entidade e que o público de Marín, que agora se atopa nun momento moi doce no tema boxeo, poida gozar de combates de nivel alto".
Á actividade co Club Team Thunder, Aarón suma o seu traballo como profesor de Educación Física no Colexio Inmaculada de Marín. Unha das súas prioridades é fomentar o deporte entre os máis novos, como unha alternativa de lecer saudable, "e cambiar o sobrenome que leva o boxeo con todas esas connotacións negativas".
Por iso, tamén quere deixar claro que o seu é o boxeo olímpico, onde "a lesión máis común adoita ser de nocello ou de perna", nada que ver coas coñecidas secuelas do boxeo profesional.
Relacionadas:
-
Ence renova o seu compromiso co piragüismo
Por Noticia patrocinada |
-
Ence comprométese co ciclismo de base
Por Noticia patrocinada |
-
Ence contribúe cos clubs para que continúen co seu labor deportivo e de formación no deporte de base
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Os clubs deportivos tamén reciben axuda do Plan Social de Ence
Por Redacción |
-
Tokyo 2020, no horizonte dos deportistas beneficiarios do Plan Social de Ence
Por Redacción |