Sorprenden 'in fraganti' un furtivo en Aguete cunha ducia de centolas
Por Redacción
A Garda Civil sorprendeu un furtivo no peirao de Aguete, en Marín, e interveulle doce centolas que acababa de capturar en época de veda e nunha zona non habilitada.
Os feitos sucederon sobre as 16.00 horas deste domingo, cando a patrulla de seguridade cidadá do posto da Garda Civil de Marín observou un mergullador que estaba a pescar no peirao de Aguete.
Ao darse conta da presenza da Garda Civil, o mergullador decidiu esconder o salabardo que levaba no dique do peirao. Os axentes decidiron identificalo e comprobaron que se trata dun veciño de Moaña de 39 anos.
A Garda Civil realizou labores de recuperación do salabardo e descubriron que contiña 12 centollas. A continuación, denunciaron o mergullador por tres infraccións administrativas, sancionadas pola vixente Lei de Pesca de Galicia, por exercer a pesca recreativa sen licenza, pescar especies en época de veda e facelo, á vez, en fondos ou zonas non permitidas, como é o caso do peirao de Aguete.
As centollas foron comisadas e entregadas baixo recibo no comedor social Virxe Milagrosa de Marín.