Un exército de 200 voluntarios para reducir os efectos dos incendios en Ponte Caldelas
Por Redacción
Un total de 200 persoas chegadas desde todos os puntos de Ponte Caldelas e desde distintas partes de Galicia, conformaron este sábado un auténtico exército de voluntaros para loitar contra os efectos dos incendios forestais que no domingo negro do 15 de outubro arrasaron 2.900 hectáreas de superficie no municipio.
Distintos puntos do municipio seleccionados por técnicos especializados acolleron a denominada 'operación mulching', na que os voluntarios espallaron no terreo materia vexetal para fixar o chan e paliar o arrastre das cinzas, centrándose nas zonas máis próximas aos acuíferos, os que están ante unha situación de perigo máis inminente no caso de que cheguen choivas fortes que arrastren os restos dos lumes.
Os voluntarios espallaron 30 toneladas de palla adquiridas de emerxencia polo Concello de Pontevedra e unhas cinco toneladas de estruturante (materia vexetal triturada) cedidas polo Concello de Pontevedra. En total, quedaron cubertas de palla unhas 15 hectáreas de terreos queimados.
O obxectivo final é tratar o 10% do monte arrasado polo lume, isto é, unhas 290 hectáreas, pero este sábado xa se deu un paso importante ao actuarse sobre as zonas máis sensibles detectadas polos técnicos, as que, en caso de choivas, verterían as cinzas nos acuíferos de uso doméstico.
A xornada, marcada polo bo tempo e as altas temperaturas, deixou tamén grandes xestos de solidariedade como o realizado por un veciño da parroquia pontevedresa de Marcón que levou aos voluntarios 200 bocadillos, bebidas frías e froita para levar mellor o día de duro traballo.
A solidariedade tamén se impuxo no mercadiño solidario organizado pola asociación de veciños de Pazos de Borbén para recadar fondos para as persoas afectadas polos incendios.
Relacionadas:
-
O 'mulching' volve a Ponte Caldelas de man da Xunta e no medio de críticas
Por Redacción |
-
Unha sementeira de centeo para seguir tratando os montes queimados
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Ingresan os 1.108 euros recadados no mercadiño solidario na conta para os damnificados dos incendios
Por Oskar Viéitez |
-
Ponte Caldelas convoca novamente os voluntarios para rematar a "operación mulching" este sábado
Por Redacción |
-
61 toneladas de forraxe para os gandeiros de Ponte Caldelas afectados polos incendios
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas homenaxea os "heroes da noite dos incendios"
Por Redacción |
-
As castañas chegan este ano a Ponte Caldelas máis solidarias ca nunca
Por Redacción |
-
Un cento de voluntarios para a 'operación mulching' de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Os expertos din que "non ten ningún sentido lanzarse a actuar" sobre o monte queimado
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A “operación mulching” chega a Ponte Caldelas con 30 toneladas de palla
Por Redacción |
-
Esta semana comezarán os traballos para a recuperación dos terreos queimados
Por Redacción |