O PP critica a postura do goberno local sobre as plusvalías, abocando aos pontevedreses á vía xudicial
Por Redacción
O grupo municipal do PP criticou este sábado a postura adoptada polo goberno local de Pontevedra en relación coas plusvalías. Despois de darse a coñecer que un xulgado emitiu a primeira sentenza en Pontevedra que obriga a devolver a un contribuínte o imposto de plusvalía, os 'populares' cuestionan que coa súa "actitude intransixente" o Concello está a "obrigar aos veciños a acudir ao xulgado para que se lle devolvan os cartos cobrados indebidamente".
O portavoz municipal do PP, Jacobo Moreira, sinala que esta postura do goberno local está a provocar que moitos pontevedreses con escasos recursos desistan de solicitar a devolución deste imposto por non poder sufragar os gastos das demandas xudiciais, un feito que, segundo interpreta, "sen dúbida algunha, beneficia ao Concello, pero prexudica aos nosos veciños".
Moreira recorda que o seu grupo presentou no pleno da corporación do pasado mes setembro una proposta para poñer en marcha mecanismos que permitisen informar e proceder á devolución das plusvalías cobradas a los veciños de Pontevedra indebidamente e suxerían que, mentres non se procedera á modificación da normativa, o Concello suspendese o cobro deste imposto cando quede acreditada a perda patrimonial.
A moción contou coa oposición do BNG, de modo que o líder do PP interpreta que o grupo de goberno "tivo a oportunidade de poñerse a carón dos veciños, pero preferiu ser desleal cos pontevedreses".
'ENCONTROS NO LÉREZ'
O PP de Pontevedra inauguraRÁ este luns o ciclo de charlas informativas 'Encontros no Lérez' coa presenza do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde. Presentará a Lei de Fomento da Implantación de Iniciativas Empresariais, vixente dende este xoves 26 de outubro.
A charla, baixo o título 'Un novo impulso para a competitividade de Galicia' será este 30 de outubro ás 19.00 horas na sala de conferencias de Afundación en Pontevedra.