A Rede de Bibliotecas do Grove, premio María Moliner
Por Redacción
A Secretaría de Estado de Cultura vén de conceder o premio María Moliner á Rede de Bibliotecas do Grove. É a quinta vez que logra este galardón.
O premio ten como obxectivo premiar a aquelas bibliotecas de municipios que leven ao cabo un proxecto único que inclúa as accións de animación á lectura, a eficiencia e labor bibliotecaria, a integración social na súa comunidade así como o emprego das novas tecnoloxías.
A Biblioteca do Grove logrou este premio xunto con outras 300 bibliotecas do territorio nacional que foron recoñecidas por proxectos innovadores y comprometidos coa cultura.
O premio supón, ademais, unha aportación económica de máis de 1.700 euros para investir en fondo bibliográfico, recursos que se suman a outras subvencións logradas polo Concello para ese fin e que supoñen que no ano 2017 se teñan superado os 7.000 euros en mantemento dos recursos da biblioteca.
Dende o Concello do Grove destacan a importancia deste espazo cultural que se ten convertido nun eixo "fundamental" de dinamización e nunha referencia da "importancia" da cultura no desenvolvemento local, "sendo necesario o seu mantemento e mellora continua".