Telmo Martín asegura aos propietarios do polígono de Nantes que podería estar en funcionamento en seis meses
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, informou da "folla de ruta" a seguir para que o parque empresarial de Nantes "sexa unha realidade, con todos os servizos, en seis meses".
Nunha reunión celebrada este xoves cos propietarios deste polígono, o alcalde confirmou que actualmente o parque empresarial está conectado coa depuradora de Meaño "e así seguirá sendo no futuro". A tubaxe que o conecta coa depuradora é de 300 milímetros "e de momento é suficiente", pero de cara o futuro, a través do convenio asinado co Concello de Meaño, substituirase por outra de 500 milímetros e, por tanto, con maior capacidade, antes que o parque alcance a súa máxima ocupación.
Ao aval incautado o 23 de xuño de 2011 por importe de 2.584.459,11 euros nestes momentos quedan 1.560.239 euros. "Un diñeiro que non é suficiente para cubrir os pagos pendentes e as melloras necesarias para que o parque entre en funcionamento", segundo explicou o rexedor.
Concretamente, entre pagos pendentes e obras por facer fan falta 2.250.054 euros polo que se necesitarían 689.815 euros máis, para dotar ao parque de todos os servizos.
Esta cantidade terá que ser achegada polos propietarios de parcelas en función dos metros cadrados de cada un. Pero o alcalde comprometeuse a facer todo o posible para que os propietarios non teñan que poñer máis diñeiro. Non pode asegurarlles, ao cento por cento, que finalmente non faga falta poñer algo de diñeiro, pero si lles dixo que traballaría para "reducir á mínima expresión posible esta cifra".
En conclusión, Telmo Martín confirmou que é posible conseguir que o parque empresarial estea a funcionar con todos os servizos nun prazo de seis meses a partir de que os propietarios aproben a folla de ruta que lles propuxo. E o que si lles garantiu é que o goberno e os técnicos do Concello "se van a volcar para cumprir ese compromiso".
Relacionadas:
-
Sanxenxo espera que o reaberto parque empresarial de Nantes cre uns 4.000 empregos
Por Redacción |
-
Os propietarios do parque empresarial de Nantes votarán en asemblea a folla de ruta do Concello
Por Redacción |
-
Vanessa Rodríguez ve "papel mollado" o pacto entre PP e SAL
Por Redacción |
-
O Concello presenta un borrador de convenio ao consello reitor do parque empresarial de Nantes
Por Redacción |
-
Os propietarios do polígono de Nantes deberán poñer 638.391 euros para desatascalo
Por Redacción |
-
O goberno local asegura que "non cabe falar de indemnizacións" pola situación do polígono de Nantes
Por Oskar Viéitez |
-
Gonzalo Pita culpa o PP das trabas ao polígono de Nantes
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo propón conectar o polígono de Nantes á rede municipal de saneamento
Por Redacción |
-
Augas de Galicia no aprueba conectar o saneamento do polígono industrial de Nantes coa EDAR de Meaño
Por Redacción |