Julia Castro Diéguez é a pequena da casa, con permiso das súas dúas sobriñas. Declárase moi activa, para ben e para mal. Baixo unha aparencia de certa candidez escóndese unha rockeira apaixonada de Extremoduro. Exerce o xornalismo por pragmatismo, e o cinema por vocación. Un exercicio, o primeiro, que lle levou a coñecer, e segue niso dí, ás persoas con discapacidade. Discapacidade que rompe barreiras, basta con botar unha ollada a un das súas curtas "Voa alto".
Non esquece nesta Playlist de PontevedraViva Radio a quen lle acompañe na súa traxectoria vital, o cal, xa dá outra pista sobre o seu carácter. Conxugando a súa formación, a súa experiencia e as súas inquietudes "acaba de empezar" o seu maior proxecto: a webserie "Xeración wifi". Xa se presentou, pero o proxecto aínda ten un longo percorrido por diante, seguro.
Muller de principios sólidos, aplícaos no seu día a día. Ese espírito activo levoulle recentemente a outro descubrimento: a kizomba. Que é?, mellor escoita e que Julia o explique.