Aos furancheiros de Marín gústalles a modificación da ordenana que regula os seus establecementos
Por Oskar Viéitez
A concelleira de Turismo e Comercio, Cristina Acuña, mantivo este martes unha reunión cos titulares de furanchos en Marín, para expoñerlle a proposta que se elevará o próximo pleno respecto da modificación puntual da ordenanza que regula os furanchos.
O obxecto da modificación é que se consideren como tales os locais utilizados principalmente como vivenda privada pero donde os seus propietarios venden excedente do viño da colleita propia, independentemente da clasificación do solo onde se atope a vivenda.
Segundo trasladaron fontes municipais, os furancheiros quedaron "satisfeitos" con dita modificación.
O goberno local quere tramitalo "á maior brevidade" para que poida estar en vigor na próxima tempada.