O PP traslada á Deputación a petición de apoio para as forzas e corpos de seguridade
Por Redacción
O Partido Popular de Pontevedra continúa co traslado aos plenos da petición para que se apoie ás forzas e corpos de seguridade do Estado. Este venres, a proposta realizarase no pleno da Deputación Provincial.
Durante a sesión está previsto que interveña un representante do Sindicato Unificado de Policía, que realizará unha mención sobre o traballo que desenvolven tanto a Policía Nacional como a Garda Civil.
O portavoz provincial do PP, Ángel Moldes, cre que unha cidade como Pontevedra e a súa comarca na que traballan e residen miles de militares, gardas civís e policías non deben ter dúbidas sobre o apoio e o respecto que todos os partidos políticos renden a estes colectivos e ao traballo que realizan.
Relacionadas:
-
PP e PSOE aproban na Deputación unha moción de apoio á Policía Nacional e a Garda Civil
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O 'barco de Piolín' e o procés cóanse no pleno de Pontevedra
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O PP traslada o seu apoio e respaldo á Policía Nacional e á Garda Civil
Por Redacción |