Falece un motorista de Cobres nun accidente en Soutomaior e a súa acompañante resulta ferida grave
Por Redacción
Un motorista, veciño de Santa Cristina de Cobres, perdeu a vida este domingo nun accidente de circulación no termo municipal de Soutomaior.
O suceso tivo lugar ao redor das 19:20 horas na estrada EP-2908 que une Arcade con Amoedo.
O home, de 30 anos, conducía unha motocicleta Yamaha YZF cando perdeu o control e saíu da vía pola marxe dereita, en sentido Arcade, á altura do lugar de Lourido.
Na moto viaxaba como acompañante unha moza, de 25 anos de idade e tamén veciña de Cobres, que resultou ferida grave, sendo evacuada polos efectivos do 061 ao Hospital de Montecelo.
Ao lugar do accidente trasladáronse axentes da Garda Civil de Tráfico e efectivos sanitarios do 061