Os cemiterios de Marín, listos para a celebración de Defuntos
Por Redacción
O zafarrancho de limpeza e acondicionamento dos cemiterios municipais de Marín encara a súa recta final pensando na próxima celebración de Defuntos.
Brigadas municipais acometeron diversas melloras nas últimas xornadas.
Ademais os operarios afánanse nas tarefas de limpeza propias da época ante a previsible alta afluencia de familiares que acudirán a visitar aos seus seres queridos.
Os traballos de acondicionamento dos camposantos finalizarán nos próximos días, explica o Concello, para que estean en perfectas condicións durante os días 31 de outubro e 1 e 2 de novembro.