AJE presenta a Xunta e Deputación os detalles dos seus premios anuais
Por Redacción
A Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Pontevedra seguen a ultimar os detalles da nova edición, a vixésimo segunda, dos premios Xove Empresario.
O seu presidente, Pablo Fernández, mantivo este xoves un encontro co vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, ao que lle recordou que os premios teñen como obxectivo recoñecer e o esforzo e labor de emprendedores e empresarios, ao tempo que se difunden os valores da cultura emprendedora.
Fernández tamén se achegou á Deputación, onde foi recibido polo deputado Santos Héctor.
A institución provincial, de novo, colabora cedendo unha oficina no viveiro de Barro-Meis para desenvolver un dos proxectos empresariais galardoados na convocatoria do premio durante un ano, prorrogable ata dous.
O premio consiste en dúas categorías. A primeira delas, Xove Empresario do Ano 2017 entrega como premio unha oficina ou nave no polígono industrial de Barro-Meis durante un ano, prorrogable a dous, amais dun ordenador persoal, unha bolsa para cursar un MBA, un ano de afiliación a AJE Pontevedra e unha escultura conmemorativa do evento.
A segunda categoría do premio denomínase Xove Emprendedor do Ano 2017 e está dotada dun ano nun dos viveiros do consorcio da Zona Franca de Vigo, un ordenador persoal, unha bolsa para cursar un MBA, un ano de afiliación gratuíta en AJE Pontevedra e unha escultura conmemorativa do evento.
Ademais, as candidaturas presentadas, que teñen de prazo ata o 29 de outubro, poderán optar a tres accésits na modalidade de innovación, creación de emprego e empresariado con discapacidade así como un premio honorífico a un empresario de recoñecido prestixio da provincia de Pontevedra.
A entrega dos premios será o martes 31 de outubro ás 20.30 horas no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Carlos Conde e Send2Me Last Mile, gañadores dos premios anuais de AJE Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Edelmiro Cuiña, de Autocares Rías Baixas, premio honorífico de AJE Pontevedra
Por Mónica Patxot |
-
Os novos empresarios de Pontevedra convocan nova edición dos seus premios anuais
Por Alejandro Espiño |
-
Pablo Fernández seguirá a contar co apoio da Deputación durante o seu mandato en AJE
Por Redacción |