O PP provincial pide a Rueda "que non lle entre ao trapo" ás declaracións de "auténtica hooligan" de Carmela Silva
Por Oskar Viéitez
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O portavoz do grupo provincial do Partido Popular, Ángel Moldes, dirixiuse ao vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, para pedirlle "que non lle entre ao trapo" ás declaracións de "auténtica hooligan" da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.
Ángel Moldes lamenta a "obsesión enfermiza" de Carmela Silva co presidente do PP provincial polo que pide a Rueda "que non malgaste o tempo en discutir e que se centre en axudar aos concellos e aos veciños afectados" pola vaga de lumes.
O grupo provincial do Partido Popular lamentou que a Deputación de Pontevedra "xa se estea autodescartando" para axudar a paliar os danos ocasionados polos lumes na provincia, e por iso presentarán unha emenda á moción socialista para que aclaren que colaboración poden esperar os concellos e veciños da Deputación de Pontevedra.
Os populares coinciden co goberno provincial en que tanto o Estado como a Xunta deben aprobar axudas, pero lamenta que na moción que presentou o PSdeG "pareza que a Deputación vai deixar sen ningún tipo de apoio a concellos e veciños".
COMISIÓNS OBREIRAS PIDE UN PLENO EXTRAORDINARIO
Pola súa banda, o secretario comarcal de Comisións Obreiras, José Ramón Piñeiro, pediu a celebración dun pleno extraordinario na Deputación de Pontevedra con carácter de "urxencia" para dedicar recursos "co obxectivo de destinar unha cantidade a fondo perdido, como axuda para a construción ou reconstrución das vivendas queimadas ou deixadas inservibles para poder ser habitadas".
Sinala Piñeiro que para a concesión destas axudas teríase que establecer uns "criterios claros e transparentes".
O secretario comarcal de Comisións Obreiras afirma que "o Goberno da Deputación non pode mirar para outro lado xa que é a administración máis próxima aos veciños" polo que "ten que dar solucións".
Así pide á presidenta do ente provincial que "lidere a concesión de axudas" para deste xeito "instar mediante o exemplo para facer o mesmo á administración central e autonómica".
CCOO, O "BRAZO ARMADO DEL PP"
O deputado do Partido Socialista, Carlos López Font, contestou á petición do secretario comarcal de Comisións Obreiras acusándoo de converterse "en el portavoz del PP, en la voz de su amo" e lembrou que durante a vaga de incendios do ano 2006 "nadie escuchó al señor Piñeiro salir a pedir recursos a la Deputación de Pontevedra cuando el número de hectáreas quemadas triplicaba a las actuales". Por iso preguntou "¿qué le debe el señor Piñeiro al PP y al señor Louzán?".
López Font engadiu que "realmente ahora sabemos que antes había un gobierno del PP que tenía más diputados de los que reamente tenía. Había un diputado en la sombra que era el señor Piñeiro de Comisiones Obreras".
Finalmente o deputado do PSdeG lembrou que as administracións autonómica e estatal son as responsables da política forestal "y de la situación que han vivido todos los gallegos" polo que engadiu que José Ramón Piñeiro "con esto le está lavado la cara a una administración que lleva mucho tiempo sin tomar las medidas necesarias para luchar contra el cambio climático y la situación de los bosques en Galicia, desde luego ya se puede sentir contento el PP porque tiene un brazo armado en Comisiones Obreras".
Relacionadas:
-
CC.OO. reclama á Deputación que destine axudas para as persoas afectadas polos incendios
Por Anxo Lourido |
-
Rueda cualifica de "exabruptos" os ataques de Carmela Silva e cre que ten medo a perder a Deputación
Por Redacción |
-
A presidenta da Deputación pide a Núñez Feijóo o cesamento de Alfonso Rueda por "incompetente"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |