O Concello de Marín volverá sacar a contratación o bar restaurante de Portocelo
Por Redacción
A Xunta de Goberno local de Marín aceptou este mércores a renuncia da actual concesionaria do bar restaurante na praia de Portocelo, a falta duns meses para finalizar o seu contrato.
Ante esta situación, o goberno local ten previsto proceder nun breve prazo de tempo a realizar unha nova contratación. Será un contrato administrativo especial coa finalidade de proporcionar aos veciños de marín e os que se achegue a gozar desta contorna, que se atopa neste momento sen explotar.
Esta instalación fora reformada con diñeiro de varias administracións para ofrecer un servizo público de hostalería na praia máis próxima ao centro urbano de Portocelo.
A duración do novo contrato administrativo, de carácter especial, será de dous anos, prorrogable por anualidades ata dous anos máis. A superficie do establecemento é de case 300 metros cadrados.
Os que queiran optar deberán presentar a documentación xeral, unha oferta técnica que conteña unha memoria de desenvolvemento do servizo na que se contemple o plan de conservación e mantemento do local e das intalaciones anexas.
Para a adxudicación, o goberno de María Ramallo terá en conta a cuestión económica do canon e a presentación da memoria do servizo.
Unha das obrigas para quen se faga cargo do bar restaurante será que se manteña aberto ao público practicamente durante todo o ano e, de forma obrigatoria, entre os meses de xuño e setembro.
As condicións aparecerán nun prego cando se aproben pola Xunta de Goberno e establecerase un prazo para a presentación de ofertas.