Oito traballos optan ao primeiro premio de investigación Olimpio Arca
Por Redacción
Un total de oito traballos son os finalistas ao primeiro premio de investigación en humanidades e ciencias sociais que leva o nome de Olimpio Arca. O galardón está convocado polo Concello de Cuntis.
Todos os aspirantes cumprían todos os requisitos recollidos nas bases.
Así o analizaron os membros do xurado na primeira xuntanza que mantiveron. Está formado por Mar Llinares García, Mercedes Queixas (en representación da AELG), Heitor Picallo (investigador cuntiense e coñecedor da figura de Olimpio Arca), Carlos Valle (director do Museo de Pontevedra), Gregorio Ferreiro (en representación da Secretaría Xeral de Política Lingüística), Monica Arca (filla de Olimpio Arca) e Enrique Portela (concelleiro de Cultura).
O fallo do xurado coñecerase o vindeiro 30 de outubro e farase público logo da pertinente notificación a todos os efectos ao gañador ou gañadora. Está valorado cun premio de 1.500 euros.
Dende a Concellería de Cultura valoran moi positivamente a acollida que tivo o premio na súa primeira edición o que anima a seguir para converter ao mesmo nun premio de referencia no eido das humanidades e as ciencias sociais en Galicia.
Relacionadas:
-
Todo preparado en Cuntis para a terceira edición do premio de investigación Olimpio Arca
Por Redacción |
-
Cuntis volve render homenaxe a Olimpio Arca coa segunda edición do seu premio de investigación
Por Redacción |
-
Xosé Fuentes Alende gaña o premio de investigación Olimpio Arca
Por Redacción |
-
Abren o prazo para presentar traballos ao premio de investigación Olimpio Arca
Por Redacción |
-
Crean en Cuntis o premio de investigación cultural Olimpio Arca
Por Redacción |