Un condutor resulta ferido ao perder o control do turismo na avenida de Vigo
Por Redacción
Unha persoa resultaba ferida leve, segundo indicou o Servizo de Emerxencias do 112, ao saír da vía o turismo no que viaxaba en Pontevedra. O accidente ocorría na avenida de Vigo.
O 112 Galicia tiña constancia do ocorrido a través do aviso do 061-Urxencias Sanitarias ás 15.00 horas. Os técnicos sanitarios indicaban que a persoa se atopaba accesible.
Desde o 112 informábase a Policía Local, aos Bombeiros de Pontevedra e a Protección Civil.
MOTORISTA FERIDO EN VILAGARCÍA
Tamén un motorista resultaba ferido na tarde deste luns en Vilagarcía de Arousa ao caer do seu vehículo cando circulaba pola rúa Castelao, á altura do número 23.
O 112 recibía a alerta a través dun particular ás 18.10 horas. Indicaba que o condutor se golpeara na cadeira.
Desde o servizo de Emerxencias alertábase ao 061-Urxencias Sanitarias, á Policía Local, a Protección Civil e aos Bombeiros de Vilagarcía.