A Festa do Marisco pecha cos mellores datos do últimos dez anos
Por Redacción
"Histórica", así cualifica o Concello do Grove a Festa do Marisco, que este domingo botou o peche á que foi a súa LIV edición.
Este cualificativo débese a que o número de asistentes e vendas situouse en cifras non alcanzadas desde o ano 2007, cando a festa contaba con máis días de celebración.
Segundo os datos facilitados durante os 11 días do evento, a mostra gastronómica despachou un total de 103.207 racións, sendo o arroz de marisco o máis demandado polos asistentes. En canto aos días a xornada de maior venda foi o xoves 12 de outubro, con 17.473 racións vendidas.
Estas cifras son para o goberno local un reforzo á aposta por mellorar a calidade do produto, recollido en exclusiva nas rías galegas, ademais da limpeza e coidado do recinto ou a programación musical e cultural.
Entre outros aspectos destacables O Grove incide na redución da idade dos visitantes "conseguido en tan só dúas edicións", ademais de no traballo realizado para aumentar a presenza de turistas internacionais e na obtención do selo de Festa de Interese Turístico Internacional.
Pola contra, como nota negativa, o Concello lamenta "a falta de apoio da Xunta de Galicia ao evento turístico máis importante da comunidade", limitándose a achega económica á liña de axudas outorgada a todas as Festas de Interese Turístico de Galicia.
Relacionadas:
-
Morgan, Sés, Freedonia, The Charlatans, Muchachito ou Eagle Eye Cherry actuarán na Festa do Marisco
Por Redacción |
-
A Festa do Marisco do Grove, a "cita gastronómica máis importante de España" para Air Europa
Por Redacción |
-
O 12 de outubro marca un récord histórico na Festa do Marisco
Por Redacción |