Interveñen quilo e medio de cocaína a un pontevedrés que a transportaba en coche a Málaga
Por Oskar Viéitez
Axentes da Policía Nacional incautaron de 1,5 quilogramos de cocaína a un individuo pertencente a unha organización criminal especialmente activa que se dedicaba á distribución de importantes cantidades de cocaína ente Galicia e Andalucía.
Segundo informaron fontes da Policía Nacional, os axentes pescudaron que o principal investigado planificara desprazarse no seu vehículo nunha das súas frecuentes viaxes a Galicia desde Andalucía para adquirir unha cantidade importante de cocaína para posteriormente distribuíla e vendela en Málaga.
A investigación levada a cabo conxuntamente entre as unidades de droga da Policía Nacional (UDYCO) e a da Garda Civil (EDOA) comezou cando os investigadores tiveron constancia da existencia dunha organización dedicada ao tráfico de cocaína entre Galicia e Andalucía e culminou coa detención dun individuo de 63 anos, veciño de Pontevedra.
Este individuo foi interceptado polos axentes cando circulaba co seu vehículo á altura de Mombuey (Zamora). Ademais da substancia estupefaciente fóronlle intervidos 1.150 euros en efectivo, tres teléfonos móbiles e un vehículo.