O estaleiro de Praceres e Nodosa atópanse a pleno rendemento
Por Oskar Viéitez
Este mércores día 18 de outubro o estaleiro Nodosa entregará o "Monte Ferro", un pesqueiro con destino ás Malvinas, e a pasada semana botou o "A Alonso", un remolcador destinado ao porto de Marín que é o sexto buque da frota coa que conta a compañía Amar Marín e que leva o nome do seu fundador Antonio Alonso.
Pero ademais, segundo informou o xerente de Nodosa, Rafael Outeiral, a empresa mantén unha carga de traballo para os dous próximos anos, con dous buques contratados e en proceso de deseño, outros catro actualmente en construción e dúas reparacións.
Neste último caso están a traballar na ampliación en 9 metros da eslora do arrastreiro o "Santo do Mar", un cefalopodeiro fabricado en 2004. Por outra banda, traballan no "Xuxo", un palangreiro do ano 2005 que gañará capacidade ao aumentar tres metros ata chegar aos 33 metros de eslora.
Actualmente Nodosa ten a 400 persoas traballando. Noutro capítulo sitúase a posibilidade de facerse con varios concursos públicos aos que está a concorrer.
ASTILLEROS PRACERES
Tamén a carga de traballo é importante nos Astilleros Praceres centrados na renovación dos pesqueiros galegos.
Nas bancadas de Praceres se encuenta o buque arrastreiro "Vila Nores", pendente de ser ampliada a súa eslora en 16 metros. Co mesmo encargo están os buques "Vila de Pitanxo" e o "Iván Nores".
Relacionadas:
-
Conde apoia a transición enerxética en Astilleros Placeres
Por Redacción |
-
Nodosa deseña o primeiro buque bateeiro de recollida e procesado de mexillón a bordo
Por Oskar Viéitez |
-
Gonzalo Caballero reúnese co sector naval e pesqueiro en Marín para trasladar as demandas a Pedro Sánchez
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Catro buques coinciden este xoves en Marín descargando peixe conxelado
Por Redacción |
-
O porto de Marín incorpora un novo remolcador para ampliar os seus servizos a buques
Por Redacción |
-
Nodosa bota un palangreiro
Por Redacción |
-
O estaleiro de Marín segue crecendo
Por Oskar Viéitez |