Marín mellora o seu centro urbano con obras de humanización
Por Redacción
O Concello de Marín ten previsto finalizar antes do remate do ano a pavimentación da rúa Recamán, a humanización de Concepción Arenal no tramo de Jaime Janer a Roda e da travesía de Jaime Janer, ademais da rúa José del Río e as obras da Ponte Zapal.
Son actuacións que se realizan no centro urbano e que levan na súa maioría o cambio dos servizos e das redes públicas. Este paquete de actuacións supoñerán un investimento de ao redor dun millón de euros e buscan mellorar as principais arterias do centro urbano en mellora da mobilidade e da seguridade viaria, segundo informa o Concello de Marín.
Na travesía de Jaime Janer quérese humanizar esta contorna que agora conta coa presenza de numerosas persoas pola creación do centro de saúde. Mellorouse a barriada de Virxe do Carmen, co paseo do río Lameira e a mellora na sinalización desa zona que agora conta con moita actividade.
A alcaldesa de Marín, María Ramallo, visitou as zonas nas que se executan aínda traballos que finalizarán neste último trimestre do ano, segundo as previsións do goberno local.