A Lama recibe o último investimento do Plan Concellos
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, a través dunha resolución presidencial a última achega do Plan Concellos 2017 para o concello da Lama. Exactamente a achega é de 29.985,60 euros para mellorar infraestruturas viarias no parque industrial de Rabelo.
Anteriormente A Lama xa recibiu, dentro de liña 1 de investimentos, 46.004,87 euros para o saneamento e a pavimentación de camiños en Covelo e Chozas e para a pavimentación dun aparcadoiro no Peso, 41.747,66 euros para a humanización da zona de hórreos no Seixido, 40.831,15 para levar a cabo a restauración do pavimento en mal estado de Cernedo, 27.700,34 euros para a mellora de abastecemento de Gaiola, en Seixido, 23.708,15 euros para actuar na contorna da Igrexa de San Bartolomeu, en Seixido, 12.148,99 euros para adquirir lámpadas LED, e outros 112.760,86 euros en liña 1 para a mellora de accesos e a pavimentación dun aparcadoiro, a pavimentación dun viario e a adquisición dun camión de recollida de residuos.
Tamén 30.000 euros en liña 2 para facer fronte a gastos correntes en liña 2 e, por último, 104.786,90 euros cos que A Lama puido contratar a 15 persoas que desenvolveron as súas profesións nos distintos servizos municipais da vila.
O Plan Concellos 2017 ten asignado para este curso unha dotación de 41,2 millóns de euros, unha partida un 3% maior que a aprobada no ano anterior.