Ponte Caldelas contará coa súa propia Festa Sevillana

Por Redacción
A Alameda de Ponte Caldelas acollerá o sábado 21 de outubro a primeira edición da Festa Sevillana, organizada pola agrupación cultural Aires del Norte y Olé.
O festival, que combina música e gastronomía, comeza ás 19.00 horas e contará coas actuacións do Coro Rociero, o grupo de baile Secretos del Sur, da Casa de Andalucía de Vigo, do grupo Virgen de la Rocina, tamén de Vigo, e finalmente, das caldelás de Aires del Norte y Olé.
Os asistentes poderán tamén gozar dunha cea ao prezo de 18 euros por persoa. O menú consta de entrantes ibéricos e empanada, "pescaítos fritos", croca, doces e café.
A cea, que estará amenizada polo dúo Luz de Luna, ten que ser reservada previamente, antes do día 19, no teléfono 655 364 289.
Os tickets de participación deben recollerse no Centro Cultural os venres pola tarde.