O Concello contrata con Abanca un crédito de 2,5 millóns
Por Alejandro Espiño
Ata os 2,5 millóns de euros elévase o crédito que acaba de contratar o Concello de Pontevedra. Trátase dunha operación que xa estaba incluída no orzamento municipal para 2017 e que servirá para financiar diversos investimentos.
Á convocatoria cinco entidades bancarias presentaron inicialmente as súas ofertas -Sabadell, Abanca, Bankia, BBVA e Santander-.
A máis vantaxosa de todas elas, segundo o goberno municipal foi a de Abanca, que ofreceu un tipo de interese de Euribor a tres meses máis 0,76%.
Con este diñeiro, o Concello financiará diversas actuacións na rede de saneamento con 200.000 euros, mellora da accesibilidade rural por 1,2 millóns, mellora da accesibilidade urbana con 900.000 euros, xardíns e zonas verdes con 25.000 euros e parques infantís, entre eles o de Campolongo, con 175.000 euros.