Dúas persoas feridas, unha delas excarcerada, nun accidente en Caldas de Reis
Por Redacción
Unha colisión entre unha furgoneta e un turismo, rexistrada este xoves en Caldas de Reis, deixa dúas persoas feridas, unha en cada vehículo.
A vítima que circulaba na furgoneta, tivo que ser excarcerada polos efectivos de emerxencia.
Segundo informou o 112, o sinistro rexistrouse en Carracedo, na estrada N-550. Unha persoa particular alertou dos feitos ás 8:20 horas desta mañá.
O persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros do Salnés e do GES de Valga. Tamén se informou a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.