O vendaval Ofelia abrirá a porta ás borrascas
Por Oskar Viéitez
Os restos dunha tormenta tropical, bautizada como Ofelia, afectarán a Galicia na noite do domingo ao luns.
Os modelos de predición do National Hurricane Center (NHC) dos Estados Unidos coinciden en que a súa traxectoria pasará paralela a nosa comunidade, sen afectala de cheo, aínda que cerca para deixar fortes refachos de vento.
Os técnicos sinalan que podería ter ventos sostidos de cen quilómetros por hora.
Meteogalicia di que as chuvias que trae Ofelia non parece que vaian ser significativas.
O principal efecto que terá esta tormenta tropical é a expulsión do anticiclón das Azores abrindo as portas a entrada das borrascas para os seguintes días.