Unha persoa ferida nun accidente de moto en Bueu
Por Redacción
Unha persoa resultou ferida na tarde deste mércores nun accidente de tráfico rexistrado na rede viaria de Bueu. Circulaba nunha motocicleta e sufriu unha caída.
Segundo informou o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 Galicia, o accidente tivo lugar na avenida de Marín sobre as 17.20 horas.
Unha persoa particular alertou ao 112 Galicia indicando que unha persoa resultou ferida tras caer da súa moto. O persoal do 112 informou da situación ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros do Morrazo, a Protección Civil e á Policía Local de Bueu.