O PP critica que o goberno local non apoie os actos da patroa da Garda Civil "cando máis o necesitan"
Por Redacción
Jacobo Moreira, portavoz do grupo municipal do PP, lamentou que o alcalde de Pontevedra non asista este xoves aos actos do día da patroa da Garda Civil debido a unha viaxe de carácter privado que realizará a Edimburgo.
O representante do Partido Popular esixe que, polo menos, se comisione á tenente de alcalde, Carme da Silva, para que o Concello estea representado neste acto. Pola contra, a alcadesa accidental xa manifestou que nesta xornada ten un compromiso persoal.
Moreira sinala que "xusto no momento en que máis apoio necesitan os corpos de seguridade, Lores rexeita acudir aos actos que se programaron". Ademais, o portavoz do PP indica que xa se escudou na súa axenda para evitar a celebración do Día da Policía para agora utilizar unha viaxe de carácter privado.
O representante popular criticou unha actitude "nada propia dun alcalde que, pola contra, non dubidou en asinar o seu apoio, como representante de todos os pontevedreses, ao referendo ilegal e inconstitucional celebrado o 1 de outubro en Cataluña".
Desde o goberno local, Carme da Silva só manifestou que tiña compromisos familiares ineludibles para acudir a esa cita e que "xa estaban afeitos a esas críticas do Partido Popular".
Relacionadas:
-
O 'barco de Piolín' e o procés cóanse no pleno de Pontevedra
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
VIDEO.- "No están solos": A Garda Civil apoia aos axentes desprazados a Cataluña
Por Diego Torrado & Oskar Viéitez |
-
Os roubos en vivendas descenderon en Pontevedra un 11% no que vai de ano
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |