Acepta catro anos de prisión por abusos sexuais continuados da filla menor da súa parella
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
A Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra condenará a catro anos de prisión a un home acusado de abusar sexualmente de forma continuada da filla menor da que era a súa parella.
O home, J.R.O.G., sentou no banco dos acusados e recoñeceu ser autor dun delito continuado de abusos sexuais a unha menor de 16 anos, do que a vítima é a filla menor da súa parella, que no momento dos feitos tiña entre 14 e 15 anos.
Do caso apenas saíron á luz datos, pero si da condena imposta ao acusado. O home chegou a un acordo de conformidade coa Fiscalía e aceptou ser condenado a catro anos de prisión e unha pena de liberdade vixiada durante os cinco anos seguintes. Ademais, ao recoñecer os feitos, aceptou que se lle impoña a prohibición de aproximarse a unha distancia inferior a 700 metros da moza.
Tras o acordo, a Audiencia ditará unha sentenza condenatoria que xa será firme e contra a que non cabe recurso. Ademais, segundo deuse a coñecer na sala, vaise requirir o seu ingreso inmediato en prisión.