Meijón lamenta a despreocupación do Goberno de Rajoy pola seguridade viaria na N-640
Por Redacción
O deputado pontevedrés Guillermo Meijón lamenta a falta de interese por parte do Goberno do Estado en relación á falta de seguridade viaria na Nacional 640 entre Cuntis e A Estrada.
O socialista presentou preguntas parlamentarias interesándose polas actuacións previstas polo Goberno de Mariano Rajoy para mellorar esta estrada que acumula numerosos accidentes, sobre todo no tramo entre os puntos quilométricos 209 e 210. Segundo sinala Meijón, o alcalde de Cuntis Manuel Campos denunciou o mal estado desta estrada.
O Goberno, segundo indican os socialistas, non identificou ningún tramo de concentración de accidentes nesa vía a pesar das 29 vítimas que se rexistraron entre 2014 e 2017. Desde o Goberno sinalan que non se rexistrou un incremento respecto de anos precedentes.
Meijón critica tamén que o Goberno afirme que están previstas actuacións que se atopan en distintos graos de desenvolvemento referíndose ás variantes de Cuntis e Portela, e o tramo entre Foxo e Callobre. Estes proxectos dependen das dispoñibilidades orzamentarias e o deputado socialista témese que se atrasen "sine die".
Relacionadas:
-
O Congreso insta o Goberno de Rajoy a mellorar a seguridade viaria da N-640 en Cuntis
Por Redacción |
-
Tres novos accidentes constatan o perigo da N-640 en Cuntis
Por Redacción |
-
O PSOE leva ao Congreso as queixas de Cuntis pola elevada sinistralidade da N-640
Por Redacción |
-
Cuntis insta a Fomento a actuar de forma "urxente" na N-640
Por Redacción |