A renda social municipal, única "pedra no camiño" para que Marea apoie os orzamentos de 2018
Por Diego Espiño
O portavoz de Marea Pontevedra, Luís Rei, fixo este martes balance das emendas aos presupestos municipais pactadas no seu momento co goberno local para absterse e facilitar a súa tramitación.
Rei explicou que o seguimento aos seis puntos propostos pola súa formación política é de "bastantes luces e algunhas sombras".
Ese punto de discrepancia sitúase na elaboración dunha nova ordenanza que regule unha renda social municipal para persoas en risco de exclusión. Tras propoñer o goberno local unha modificación da actual ordenanza de emerxencia social, Marea apoiará esa modificación pero instando a elaborar paralelamente un novo documento. Este asunto conta cunha dotación de 400.000 euros incluída nunha modificación de crédito aprobada o pasado mes de abril.
"É o que empana unha visión xeral positiva", asegura Luís Rei, sendo o único punto que dificulta repetir apoio aos orzamentos municipais no próximo exercicio. "Se esa pedra non estivese no camiño estaba despexado todo para que en 2018 puidésemos volver a exercer unha oposición útil no Concello de Pontevedra facilitando de algunha maneira que o Concello poida chegar o primeiro de xaneiro coas contas do ano 2018 aprobadas", explicou o concelleiro de Marea ante os medios de comunicación.
Segundo os cálculos desta formación, ao redor dun cento de persoas poderían beneficiarse da renda social que "en Santiago e A Coruña está aplicándose con moito éxito".
En canto ao resto de esixencias de Marea nos actuais orzamentos, Luís Rei declarou estar "satisfeito" cos proxectos de reforma de Cruz Vermella e o centro cívico para a parroquia de Lourizán, ademais de ver "encarrilado" os estudos de fomento da economía social que demandaran.
Pola contra o outro lunar para Marea sitúase na adhesión ao Plan de Transporte Metropolitano de Galicia que "a día de hoxe está parado".
Relacionadas:
-
Marea Pontevedra ameaza con pedir a reprobación de Anxos Riveiro
Por Redacción |
-
O goberno local traballa nun orzamento de 74 millóns de euros que negociará de maneira "preferente" con Marea
Por Oskar Viéitez |
-
A unión entre BNG e Marea permite aprobar a renda social básica e a compra do local en Ferreiros
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
As familias pontevedresas sen ingresos poderán pedir ao Concello unha renda social básica
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A abstención de Marea permite o BNG aprobar o orzamento municipal
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |