Incautan máis de 3.000 euros en roupa falsificada no mercadiño de Caldas
Por Redacción
Unha nova operación contra a roupa falsificada, levada a cabo pola Garda Civil no mercadiño de Caldas de Reis, permitiu incautar unha trintena de prensas deportivas cuxo valor no mercado alcanza os 3.100 euros.
Segundo informou o instituto armado, a incautación da roupa falsificada produciuse o pasado luns, durante un servizo da patrulla fiscal e de fronteiras da Garda Civil de Vilagarcía de Arousa.
Nun dos postos inspeccionados, estaban expostas para a venda ao público diferentes pezas deportivas: sudadeiras, pantalóns e chándales, con etiquetas, supostamente falsificadas, de acreditadas firmas comerciais.
Os axentes comprobaron que o vendedor ambulante carecía da correspondente factura de compra, así como da preceptiva autorización das marcas rexistradas afectadas, polo que se procedeu á incautación da roupa.
Ao mesmo tempo, instruíronse dilixencias por un presunto delito contra a propiedade industrial, que, xunto coa roupa aprehendida, serán entregadas no xulgado de primeira instancia e instrución de garda de Caldas de Reis.
Relacionadas:
-
36.000 euros en roupa falsificada requisa a Garda Civil nun control en Sanxenxo
Por Redacción |
-
A Policía Local retira 1.262 pezas de roupa falsificadas á venda nas Festas da Peregrina
Por Redacción |
-
Requisan en Sanxenxo máis de 22.000 euros en prendas de roupa falsificada
Por Redacción |
-
A Garda Civil incauta unha partida de roupa falsificada en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Investigan unha muller 'cazada' con roupa con etiquetas falsas valorada en 11.000 euros
Por Redacción |