Un turismo sáltase un semáforo en Cambados e impacta contra outro vehículo en que viaxaba un menor
Por Anxo Lourido
Ás dez da mañá deste sábado 19, o condutor dun Mercedes saltábase un semáforo en vermello no Alto de Corbillón en Cambados na estrada en dirección a Vilagarcía. O vehículo impactaba contra outro turismo, un Clío, causándolle importantes danos. No coche viaxaba un condutor que resultou ferido leve e que foi trasladado ao hospital do Salnés. No asento de atrás tamén se encontraba un menor de ao redor de 8 anos de idade que non sufriu danos.
Outro accidente
Durante a pasada noite do venres, en torno ás once da noite, o servizo de emerxencias 112 Galicia recibía unha chamada que alertaba doutro accidente de tráfico na PO-549 á altura de Corbillón. Dous vehículos impactaran nun cruce por causas aínda por determinar. Unha das condutoras en estado de nerviosismo e con feridas leves foi trasladada ao Hospital do Salnés. No suceso interviñeron a Policía local de Cambados, a ambulancia do 061 de Cambados e a Garda Civil de Tráfico.