Os quioscos da praia fluvial e de Barcelos saen a licitación
Por Redacción
Os quioscos da praza de Barcelos e da praia fluvial saen a licitación a través dunha concesión para o próximos cinco anos. Os licitadores poderán presentar oferta por unha ou polas dúas instalacións.
O quiosco da Praza de Barcelos precisa obras de acondicionamento, consta de dous locais, un deles destinarase á venda de produtos e o outro a almacén. Pola súa banda, o da Avenida de Buenos Aires, xunto á praia fluvial do Lérez, inclúe os baños que se atopa na propia instalación.
O prazo de duración das concesións é de cinco anos, prorrogables anualmente ata un máximo de 10 anos.
Os concesionarios deberán abonal ao Concello de Pontevedra un canon anual. O importe que se presente para realizar a oferta económica non poderá ser inferior a 1.100 euros ao ano máis IVE para o da praia fluvial mentres que o de Barcelos será de 2.400 euros ao ano máis IVE.
Relacionadas:
-
O Concello réndese co quiosco de Barcelos
Por Alejandro Espiño |
-
Este verán permanecerán pechados os quioscos de Barcelos e a praia fluvial
Por Oskar Viéitez |
-
Barcelos e a praia fluvial buscan novos "inquilinos" para os seus quioscos
Por Alejandro Espiño |
-
A concelleira María Rey pide a renovación do firme das pistas deportivas de Barcelos
Por Redacción |