Tres proxectos do GALP Ría de Pontevedra entre os finalistas aos premios Economía Azul
Por Redacción
A Consellería do Mar, co obxectivo de recoñecer, promocionar e dinamizar aqueles proxectos aprobadas polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia no ano 2016, lanza a primeira edición dos premios Economía Azul en catro categorias diferentes: Apoio á pesca costeira artesanal, creación de emprego, diversificación e innovación local.
A Consellería do Mar seleccionou tres candidatos en cada unha das categorías e agora será por votación pública como se elixa aos gañadores.
O GALP Ría de Pontevedra conta cos proxectos:
- "Mellora da gobernanza da xestión pesqueira artesanal no ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas": Este proxecto é promovido conxuntamente polas confrarías de pescadores dos territorios dos GALP Ría de Arousa, Ría de Pontevedra e Ría de Vigo - A Guarda.
- "Descarpesc, caracterización de descartes na pesca artesanal da flota de Bueu": é un proxecto promovido pola confraría de Bueu mediante o cal preténdese caracterizar os descartes xerados pola frota costeira artesanal na ría de Pontevedra para determinar os posibles problemas e impactos que a posta en marcha da nova política de descartes xeraría na pesca artesanal.
- "Nova liña de fabricación para os produtos procedentes da pesca artesanal": proxecto promovido pola empresa "Frigoríficos Rosa de los Vientos, S.L." crea unha nova liña de produción para os cefalópodos (polbo) procedentes das capturas da flota pesqueira artesanal galega que pasará a comercializalos coa marca PescadeRías, De onde se non?, selo de identidade para a promoción e defensa dos produtos da pesca de Galicia. Tamén se puso á venda un novo produto o fumet de polbo, para o aproveitamento dun dos subprodutos do seu proceso produtivo.
As votacións pódense realizar na web que a Consellería do Mar habilitou para información e votación dos candidatos aos premios e diferentes redes sociais coa referencia a Premios Economía Azul.
Relacionadas:
-
Comeza a andaina de tres proxectos financiados polo GALP Ría de Pontevedra
Por Redacción |
-
Nace Mar das Illas, un proxecto que promove o turismo mariñeiro nas Rías Baixas
Por Redacción |
-
Un taller para favorecer o emprendemento das mulleres do mar
Por Oskar Viéitez |
-
Rosa Quintana enxalza o labor da Asociación de mulleres do Mar de Arousa a prol da igualdade de oportunidades
Por Redacción |
-
A conselleira do Mar entrega os distintivos pescadoartesanal.com á hostalería
Por Redacción |