A Garda Civil suspende o viño oficial dos actos do Pilar en solidariedade cos compañeiros de Cataluña
Por Natalia Puga
A Garda Civil de Pontevedra decidiu suspender o viño español organizado cada 12 de outubro con motivo da festividade da Virxe do Pilar, a súa patroa. Faino en solidariedade cos compañeiros do corpo despregados estes días en Cataluña con motivo do dispositivo especial de seguridade posto en marcha polo Ministerio do Interior.
O 12 de outubro si se celebrará unha misa e un acto castrense na Comandancia da Garda Civil, pero este ano optouse por retirar a parte máis festiva da xornada.
Desta forma, os gardas civís pontevedreses solidarízanse con todos os efectivos das forzas e corpos de seguridade despregados en Cataluña pola delicada situación que están a vivir. Así, os gardas e policías que están despregados de forma estes días están a sufrir ataques e acoso tanto cando están de servizo como nos seus hoteis e cando van pola rúa. Ademais, gardas destinados de forma permanente denuncian situacións de acoso mesmo aos seus fillos nos centros educativos.
No caso da Comandancia de Pontevedra, ademais, teñen a máis dun centenar de efectivos despregados alí dos que se acordarán especialmente no día da súa patroa, xornada de festa nacional con motivo do Día da Hispanidade.
Hai xa semanas que se desprazaron un centenar de axentes do Grupo de Reserva e Seguridade da Garda Civil (GRS) e máis dunha vintena da Comandancia, a maioría da Unidade de Seguridade Cidadá da Comandancia (USECIC).
Relacionadas:
-
Volven á casa todos os gardas civís de Pontevedra desprazados a Cataluña
Por Natalia Puga |
-
VIDEO.- "No están solos": A Garda Civil apoia aos axentes desprazados a Cataluña
Por Diego Torrado & Oskar Viéitez |
-
Centos de persoas únense en Pontevedra para defender a unidade de España
Por Alejandro Espiño |
-
VÍDEO.- Policías piden en Pontevedra medidas urxentes para frear o "acoso" e "persecución" que sofren en Cataluña
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Pontevedra tamén achega gardas civís para o dispositivo do referendo en Cataluña
Por Natalia Puga | Creada e actualizada