Prosagal pide o apoio dos partidos políticos ante a saturación dos centros hospitalarios
Por Redacción
A agrupación sindical de profesionais da saúde de Galicia (Prosagal) solicita o apoio de todos os grupos políticos con representación no Concello de Pontevedra e o Parlamento de Galicia ante a "grave situación" que se está vivindo na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
O sindicato quere que os políticos fagan súa esta problemática e a leven ao pleno ou "onde eles consideren", para poñer fin a esta situación, que vai a peor co paso do tempo, pois "o número de pacientes sen cama aumenta cada día".
De feito, este mércores o servizo de Urxencias de Montecelo volveu sufrir unha situación de colapso e ás 22.00 horas había pendente de consulta 17 pacientes e sete nos corredores á espera dunha cama.
Na carta enviada aos grupos políticos, Prosagal indica que o colapso de urxencias está a chegar a "situacións límite", pois, co peche de camas e a non apertura das unidades que pecharon durante o verán, a situación vólvese máis grave. Parécelles, ademais, unha "grave irresponsabiliad" que os pacientes deban esperar nun corredor horas cando hai camas baleiras dispoñibles.
Ademais, Prosagal pide ao xerente da área de xestión integrada de Ponteveda e O Salnés, José Ramón Gómez, "que sexa sensato e poña fin a esta situación" abrindo as unidades sanitarias que continúan pechadas. No caso de que non actúe, estarán obrigados a seguir coas súas medidas de presión.
Relacionadas:
-
Nace Prosagap, a unión sindical de Prosagal e Sagap, coa intención de loitar polo persoal sanitario
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A xerencia da área sanitaria comunica a Prosagal que reabrirá as camas hospitalarias pechadas no verán
Por Redacción |
-
María Rey esixe que se reabran as camas pechadas en Montecelo e o Provincial
Por Redacción |
-
Prosagal concéntrase ante Urxencias en Montecelo contra o peche de camas
Por Redacción |
-
Sanidade nega o peche de camas en Montecelo: "Hai certa holgura para ingresar"
Por Redacción |
-
Advirten de que a prolongación do peche de camas redunda na calidade asistencial
Por Oskar Viéitez |
-
Prosagal convoca concentracións nos hospitais de Pontevedra para reclamar a reapertura de camas
Por Redacción |
-
Prosagal denuncia saturación en Urxencias e Reanimación debido á falta de camas
Por Redacción |
-
Prosagal arremete contra o resto de integrantes da Xunta de Persoal dos hospitais de Pontevedra
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |